Fin de semana ciclista en Oia

FOTO: CICLISMO OIENSE

O fin de semana do 21  e 22 de xullo, o Concello de Oia, xunto coa preciada colaboración de Ciclismo Oiense, orzaniza a Festa da Bicicleta e a VI Marcha Cicloturista de Oia.

O sábado 21, terá a saída da Festa da Bicicleta dende o Mosteiro. O percorrido será de 10km asequibles a tódolos públicos e idades, a carón da costa no carril bici. É necesario o uso de casco para poder participar e seguir as instruccións dos organizadores. Haberá moitas sorpresas e agasallos o rematar a proba, e se sortearán dúas bicicletas.

O domingo, as 9.00 da mañán, será a saída da VI Marcha Cicloturista de Oia, que recorrerán 100 km polas carreteras do Baixo Miño e Val Miñor. Como característica do percorrido, haberá un tramo libre a Vilachán do Monte, no que os ciclistas terán que percorrer rampas do 15%. Disporán de avituallamento en Loureza. Logo, no segundo tramo libre, subirán A Valga pasando por Torroña, e baixarán ata o picadero de Mougás, onde se reagruparán. Hay que destacar a repercusión da marcha, que conta con aproximadamente 200 ciclistas que se desprazan a Oia, incluso dende otras Comuniades autónomas e Portugal.

Ademáis, tamén haberá unha andaina de 10 km, que percorrerá dende as 9.30 h. as parroquias de Sta. María de Oia e Pedornes. Destacar que a andaina non é necesario inscrición e é totalmente gratuita.

Para finalizar, haberá unha comida de confraternización, no que se fará entrega de recordos para os participantes.

Nesta edición, se conta coa presencia do ciclista Marcos Serrano como padrino da Marcha.

Máis información a podedes encontrar en www.ciclismooiense.com.

Pin It on Pinterest

Share This