Actualmente, o Concello ven usando un símbolo que non está recoñecido como escudo pola Comisión Heráldica, que é a competente para autorizar estes emblemas.

O Concello solicitou a esta entidade, a proposta dun escudo e dunha bandeira municipal oficiais, respectando os símbolos máis representativos deste Concello.

Recibida a proposta-informe da Comisión Heráldica, se pon en coñecemento do Concello -descarga o informe da Comisión Heráldica-.

Estas son as propostas da Comisión Heráldica:

 

Estas propostas poderán ser sometidas a consulta popular, a decisión da nova corporación que se constitúa en xuño'19, seguindo o procedemento previsto a tal efecto.

O actual símbolo non é un escudo, senón un medallón, e apenas varía do escudo de armas do Mosteiro de Oia, do que se destaca:

  • Un castelo, que pode significar a fortaleza existente en Oia.
  • Un ramo de figueira, con figos maduros, lembrando o prodixio ou milagre de telos producido en tempo e estación que eran impropias de tal froito, árbore que estaba nun foso do mosteiro.
  • Un báculo abacial, que significa a unión, suxeición e pertenza ao Císter.
  • Nove A A, que denotan aos Reis Alfonsos, fundadores e benfeitores do Mosteiro.

O único referente anterior que existe figura no Arquivo Histórico Nacional, nun documento da alcaldía de Oia do S. XIX.