Homenaxe Celedonio Crespo Carabelos en Oia

O 8 de xaneiro se celebrou na Praza do Concello un acto en homenaxe póstuma a Celedonio Crespo Carabelos, quen foi alguacil dende 1977 ata 2008, e quen merecía ser lembrado polo seu carácter excepcional, afable e servicial. No acto se descubriu un busto de pedra na súa honra, obra do artista Félix Gómez Fidalgo (O Rosal).

Ao acto asistiron numerosas persoas, entre familiares, membros da Corporación, amigos e veciños, e a Coral Vagalume, que interpretou unas pezas. Dita proposta foi presentada á Alcaldesa fai un ano polo seu irmán Baldomero, Néstor Estévez e Camilo Caeiro, e se puido levar a cabo grazas a unha subvención da Xunta de Galicia para reformar a praza.

Pin It on Pinterest

Share This