I Certame Literario e de Debuxo infantil “Letras Galegas 2018”

O Concello de Oia, con motivo do día das “Letras Galegas 2018”, organiza o I Certame Literario e de Debuxo Infantil dirixido a alumnos/as do CEIP Mestre Manuel García, e CEIP Refoxos, e alumnos/as de educación secundaria da ESO matriculados en centros de Baiona, A Guarda ou O Rosal, que acrediten estar empadronados en OIA.

As bases do concurso se poden consultar no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello.

Haberá categorías dende 1º Infantil ata 4º da ESO, e escollerá por parte do Xurado, un premiado en cada categoría.

Hay dúas modalidades:

  • Na de Debuxo, poderán participar os cursos de Infantil e 1º de Primaria.
  • No Certame literario, poderán participar o resto dos cursos, que inclúe narración, poesía ou cómic.

Os traballos serán de temática libre, e deberán estar en galego. A entrega de premios se fará na Casa Consistorial o día 16 ás 16.00.

O prazo para presentar os traballos remata o día 10 de maio inclusive.

Pin It on Pinterest

Share This