I Ruta da Camelia e do Tapeo en Oia

AICAM (Asociación Ibérica da Camelia) e o Concello de Oia, organizan os días 8 e 9 de abril, para os amantes das Tapas, e/ou das Camelias, a I Ruta da Camelia e do Tapeo.

Haberá centos de variedades de camelias expostas na Oficina de Turismo e nos locais da zona, onde ademais de desfrutar desta fermosa flor, tamén se poderá degustar as tapas.

O sábado as 14 horas terá lugar a inauguración da exposición, e a oficina de turismo estará aberta de 16:30 a 20:00 h e o domingo de 10 á 14 h e de 16:30 á 20h.

O Concello organiza un curso de esmaltado gratuíto que será o domingo en horario de mañá. As persoas interesadas deberán presentar a inscrición no rexistro do Concello.