II Ruta da Camelia e do Tapeo

O vindeiro 24 e 25 de marzo, se celebra no Concello a II Ruta da Camelia e do Tapeo, onde os veciños, veciñas e visitantes poderán achegarse e coñecer de máis preto esta planta tan fermosa, que estará exposta na Oficina de turismo e nas cafeterías e restaurantes da zona, onde poderán aproveitar para tomar unha tapa.

Este ano, vai acompañado doutras actividades como un taller de mosaicos, carreira infantil, e concurso de debuxos da camelia.

Os veciñ@s que teñan camelias e queiran participar na exposición, poderán facelo, poñéndose en contacto co Concello antes do 15 de marzo.