Importante información sobre a recollida de voluminosos

A recollida dos voluminosos (mobles, colchóns, somieres, electrodomésticos de liña branca (lavadoras, frigoríficos…), televisores e aparellos eléctricos e electrónicos de pequeno tamaño, se realiza o último martes de cada mes.

Para que o Concello os recolla, é preciso comunicalo no teléfono 986 362 125, con varios días de antelación, facilitando os seguintes datos:

  • Datos de contacto
  • Horario para localizar os solicitantes. Contactarase pola mañá co cidadán.
  • Dirección do punto de recollida
  • Relación de aparellos que han de retirarse.

O Concello lembra que é preciso avisar, e que está prohibido depositar os mobles e outros aparellos, nos espazos públicos ou colectores de lixo o resto do mes.

Pin It on Pinterest

Share This