ITV para vehículos agrícolas en Oia 2020

O venres 20 de novembro de 9:00 a 13.30 e o 23 de novembro de 9:00 a 13.30 e 15.15 a 18:00 h., se ubicará unha Unidade Móbil en TORROÑA, que realizará a inspección técnica de vehículos agrícolas.

Como en anos anteriores, a Unidade Móbil se situará no campo da festa de Torroña.

Esta inspección é obrigatoria para tódolos vehículos agrícolas (tractores, remolques e máquinas autopropulsadas) cunha antigüidade superior a 8 anos e para aqueles cuxa  inspección non se atope vixente. 

Para solicitar cita previa, pode facelo chamando ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web www.sycitv.com

Pin It on Pinterest

Share This