IV Festival de verán en Viladesuso

O Concello de Oia organiza o IV Festival de Verán de Viladesuso, xunto coa colaboración da A.A.V.V. de Viladesuso e “Do Lusco ó fusco”.

O Festival comezará ó día 22 de xullo as 11.00 da mañán, con hinchables para os máis cativos. Xa pola tarde, a partir das 17.00 e ata as 19.00, haberá máis actividades para os nen@s, globoflexia, pintacaras e xogos populares. A partir das 19.00 actuará o grupo infantil “Os cabalos rosas brincan no patín”, que interpretarán “Restaurante FARRUCO”.

Será as 20.30  cando de comezo o “XXV Encontro dos Pobos”, onde poderemos participar co “”Do Lusco ó Fusco”, a agrupación eslovaca “Val de Piran”, e as bandas de Oia “Tralo Mosteiro” e a “Fiada de Viladesuso”.

Pin It on Pinterest

Share This