OIA LITORAL
O FARO
Está situado no Cabo Silleiro e funciona dende 1924, sustituiu a outro de 1862, cuya estructura podemos encontrarnos alí.
Neste punto atópase o límite administrativo entre os concellos de Oia e Baiona.
CASTRO E PETROGLIFOS DE CABEZIÑA
Trátase dunha elevación do terreo situada a 3,5 Km de Punta Centinela onde podemos atopar restos dunha fortificación
castrexa reutilizada na Edade Media, grazas á súa situación estratéxica.
En torno ao recinto hai grupos de cazoletas (pequenos hocos semisféricos) nas rocas graníticas,
formando parte dun conxunto de grabados rupestres, onde se observan círculos incompletos e figuras arriñonadas,
semellantes ás decoracións dalgunhas cámaras funerarias megalíticas da fachada atlántica europea.

IGREXA DE MOUGÁS
Ao igual que as igrexas doutras parroquias costeiras como a de Pedornes e a de Viladesuso, a de Mougás
foi erguida nun lugar destacado do terreo e cunha orientación que segue os parámetros dos templos da
antigüedade: a entrada ao oeste (o ocaso e a muerte) e o altar maior ao este (o nacemento do sol e da vida).
É unha igrexa onde se aprecian elementos románicos nas súas pedras, pero posiblemente foi
reconstruida en 1698; é de resaltar o seu retablo barroco do século XVIII.
AS POZAS
A confluencia dos arroios da lugar a un dos rincóns mái fermosos do concello, onde a auga ofrece o
espectáculo do seu caprichoso percorrido. Situadas en dirección a Toroña e á altura
do alto da Cheira, durante a época de choivas pódense observar cascadas espectaculares e nas pozas
que se forman, a xente pode disfrutar dun baño ou só admira-la beleza do lugar.
A PONTE DO RÍO DE BROI
Situado sobre o rio Broi, é unha ponte da época medieval, na que nos atopamos cunha peza semellante a unha
estela discoidea cunha inscripción que lembra a obra de restauración feita en 1808 e a un peto de ánimas.
A ámbolos dous lados da ponte póndese apreciar ainda tramos de camiño enlousado.
A SERRA SECA E O SOBRAL
Seguindo o curso do rio Broi atopámonos con rincóns como A Serra Seca e O Sobral, onde hai un pequeno
grupo de muiños de auga restaurados e un excepcional bosque de sobreiros (alcornoques) único
no suroeste de Galicia.
IGREXA DE VILADESUSO
É a igrexa parroquial que foi rematada en 1801, no lugar onde antigamente había una hermida adicada ó
Santo Anxo. Consta dunha soa nave e a súua fachada está presidida polo seu patrón San Miguel
nunha pequena hornacina. Na sua arquitectura destaca a súa capela maior, a sacristía e a esbelta torre
do campanario. Por detrás da igrexa se pode acceder a muiños como os de Villela, Socamiño ou Salero.
IGREXA DE PEDORNES
Situada na estrada que vai hacia o centro de Pedornes é unha das construccións máis antigas de Oia,
datada no ano 1137. Nela podemos atopar un magnífico escudo do mosteiro baixo unha lenda que lembra o ano 1736,
data na que se restaurou. No interior podemos admirar interesantes retablos e no atrio se conserva un grupo de
cruceiros que pertencían a un antigo via crucis.
PETROGLIFOS DA POUSADELA
En Pedornes podemos atopar algúns dos petroglifos máis destacados de Oia, como a
superficie coa única embarcación da antigüedade representada nos petroglifos
galegos de Auga dos Cebros. Outros elementos destacados desa zona son a escena de caza de Pedra do Cazador
ou a de motivos xeométricos de Pedra dos Chetos.
A ESTRADA VELLA E A CASA DA CULPA
Dende punta Orelluda é posible facer un suxerente paseo a pe hasta o Mosteiro de Santa María de Oia, onde
nos atoparemos con campos de cultivo e pequenas calas rocosas na costa. Tamén poderemos apreciar algúns
tramos enlousados e unha interesante inscripción nunha casa coa seguinte lenda: Casa de la Culpa 1816.
MOSTEIRO DE SANTA MARIA DE OIA
é o auténtico emblema do concello e da costa suroeste de Galicia,
é sen dúbida o reclamo turístico cultural máis importante do
concello e visita obrigada para todo aquel que veña a Oia. Está situado na ensenada
de Oia, onde segundo algúns historiadores xa existía un castelo.
O mosteiro fundouse no ano 1137 e nel residirían os monxes da bisbarra baixo a tutela de Alfonso VII de Castela.
A riqueza do monasteiro debeuse principalmente ás xenerosas doazóns reais, contando con privilexios
sobre a representación das parroquias, impostos por botar navíos ao mar, sobre a pesca con rede,
a explotación de prioratos e granxas a ámbalas duas beiras do río Miño.
O mosteiro foi rexido por 140 abades dende 1137 hasta 1835. Naceu como unha congregación austeira baixo a
sencillez dictada por San Bernardo, boa proba delo é a simplicidade nas súas formas arquitectónicas
que ainda nos amosan os ríxidos cánones de Claraval. A súa cabeceira está formada por unha
capela central e os brazos do cruceiro rematan en duas capelas, de menor altura as máis exteriores e de maior
altura que a central, amosándonos unha construcción escalonada. O coro está datado do século XVI e do mismo procede a sacristía. O claustro foi rematado no derradeiro
tercio do ano 1500. A fachada foi reconstruida en 1740 segundo se le na inscripción sobre a porta de acceso ó
templo, a anterior fachada probablemente sería idéntica en formas á de Santa María de Baiona.
O aspecto do mosteiro suxire o dunha fortaleza asentada á beira do mar. En diversas ocasións
exerceu de bastión defensivo do reino, ante as constantes incursións portuguesas e os innumerables
ataques da piratería. Mantiñan persoal armado con arcabuces e dispoñíian de varias pezas
de artillería. O capitán xeneral do Reino de Galicia ordeou no ano 1621 que o capitán e
alférez ó mando das forzas vixilantes daquelas costas, residise en Oia e que nunca abandonase o mosteiro.
Coa desamortización de Mendizábal, en 1835, finaliza a historia do mosteiro como tal despois de case
700 anos; pasou a converterse en iglesia parroquial en 1838 trala separación de Oia da parroquia matriz de Pedornes.
En 1912 foi ocupado polos xesuitas expulsados de Portugal, que permaneceron alí hasta 1932, cando o gobierno
republicano nacionalizou os bens da Compañía de Xesús. Inmediatamente despois foi campo de concentración durante a guerra civil.
Na ctualidade e despois de pertencer a varios propietarios, está en fase de restauración.




O ARRABAL
Ó amparo do mosteiro creceu o núcleo do arrabal. Na pequena praza de Centinela, mirador ideal sobre o porto
e o mosteiro. Conserva un interesante cruceiro que indica a data de construcción en 1764 e o doante. Tamén
se identifica pola súa placa a primitiva casa do concello ó comezo de rúa.
Este barrio constitue uns dos núcleos máis atractivos da parroquia de Sta. María de Oia,
a súa rúa central hoxe denominada Vicente López era o paso obrigado da estrada e no
seu estado actual todavía ofrece varias casas de interese que reflicten a arquitectura galega tradicional,
sobre todo as que se restauraron para servicios de hostelería ou a fachada da rectoral da parroquia.

HERMIDA DE SAN SEBASTIÁN
Atópase ó final do Arrabal máis alá das casas do núcleo. A hermida orixinal estaba
adicada a San Antonio, reconstruiuse en torno a 1770 e se traslada a imaxen de San Sebastián da antiga hermida situada
en A Portela na montaña de Oia. A súa derradeira restauración é do ano 1993.
A devoción por San Sebastián vai asociada ás epidemias dos séculos XV ó XVIII.
OS PETROGLIFOS DA PEDREIRA
Situados no mirador de A Riña, dende onde hai unha panorámica excelente sobre a ensenada e o mosteiro de Oia.
Son un conxunto de enigmáticos petroglifos prehistóricos a base de liñas e cazoletas fácilmente visibles.
O CASTRO DE CANOS DOS MOUROS
É un recinto fortificado cunha muraia que se intue debaixo da vexetación, con lendas de
túneles, pasadizos e tesouros.
OS PETROGLIFOS DE FIGUEIREDO, RIO DE VILAR OU LAXE DA AUGA DOS CEBROS
Na parroquia de Pedornes localízase un dos petroglifos máis senlleiros de todo o complexo da arte rupestre prehistórica galega.
Falamos dos gravados rupestres de Figueiredo ou Laxe da Auga dos Cebros emprazados no mesmo leito do Río de Vilar sobre unha laxe granítica
inclinada. O repertorio iconográfico está composto polas figuras de 17 cuadrúpedos (cervos) gravados en baixorrelevo, e o deseño
paradigmático dunha embarcación de 160 cm. de eslora, casco curvo con proa e popa, mastro, cabos e posibles figuras de tripulantes, que se
interpreta como de posible orixe ou influencia mediterranea.
Vista Alegre, s/n - 36794 - Oia (Pontevedra) - Telf.: 986 362 125 - Fax: 986 362 268 - info@concellodeoia.es