¡Luces… cámara… acción!

O Concello ven de organizar un Obradoiro de iniciación a curtametraxe en galego, impartido por Samaín Produccións, e co-financiado pola Deputación.

Neste obradoiro os participantes puideron achegarse ao mundo do cine, potenciando as súas competencias orais e escritas en lingua galega, así como a capacidade creativa, elaborando o guión, participando na rodaxe e na montaxe dun corto.

O froito do traballo destes mozos e mozas que amosaron ter moito talento nestas artes, será emitido o Xoves 8 de novembro, ás 18.30 horas, no Centro Cultural de Pedornes, dentro da programación prevista na XXXII Semana Cultural.

Pero se non podes asistir, ou queres volver a velo, aquí o podes reproducir: