Mozos e mozas de Oia, protagonistas dun videoclip contra o acoso escolar

Mozos e mozas de Oia protagonizan o videoclip da canción “You’re not Alone”, no que se aborda a problemática do bullying. Este vídeo musical, de recente lanzamento, é o resultado da colaboración dos DJs e produtores baioneses Ludwig Van Brothers en e a cantante Annie Rose.

A canción quere enviar a mensaxe de que, ante calquera dificultade debemos seguir a nosa forza interior, porque non estamos sos. Partindo desta reflexión, o videoclip céntrase na problemática do acoso escolar e ten como protagonistas a un mozo e a unha moza de diferentes idades.

Realizado e producido por Samaín Producións, o audiovisual é froito de varias sesións de gravación desenvolvidas durante o pasado mes de marzo en diversos puntos de Oia e Baiona. Entre as localizacións escollidas para a rodaxe destaca o CEIP Mestre Manuel García (situado na parroquia de Santa María de Oia), así como varios puntos da costa de ambos municipios.

“Non estás só/soa”

Cun estilo musical electro house de festival, o tema “You’re not Alone” (non estás só/soa) xorde da colaboración de Ludwig Van Brothers e a cantante Annie Rose, quen tamén é responsable da letra.

O videoclip foi lanzado o pasado venres 19 en plataformas dixitais.

 

Ludwig Van Brothers feat. Annie Rose – You’re Not Alone (Official Video)