Nota informativa de Alcaldía – Prevención do Coronavirus

Á vista das medidas extraordinarias adoptadas pola Xunta de Galicia no día de onte 12 de marzo de 2020, e tendo en conta a información facilitada polo Ministerio de Sanidade, así como as medidas de prevención que nos corresponden adoptar a todos, para frear na medida do posible os contaxios por coronavirus, SUSPENDERONSE tódalas actividades organizadas polo Concello de Oia dende hoxe ata novo aviso.

Por outra parte, prégase que acudan as dependencias municipais do Concello só en caso de urxencias. Poderán continuar cos trámites ordinarios a través da Sede Electrónica, ou para calquer dúbida chamade ó teléfono 986 36 21 25.

Para servizos sociais, haberá que pedir cita previa coa asistente social.

Os síntomas máis comúns da enfermidade son: febre, tos e sensación de falta de aire.

En caso de notas síntomas como estos ou ter dúbidas de estar contaxiado, o número de información á cidadanía é 900 400 116.

Prégase aos veciños que chamen a ese número antes de acudir ao 061 ou ás urxencias hospitalarias para evitar na medida do posible o colapso dos centros de saúde.

As medidas para protexernos do coronavirus son:

  • Lavar as mans frecuentemente.
  • Evitar tocar ollos, nariz e boca.
  • Tusir contra un pano de usar e tirar ou ben contra o brazo.
  • Evitar contacto con outras persoas en caso de notar síntomas.

Se trata de evitar que os contaxios se multipliquen, polo que durante as próximas semanas, intentado evitar a acumulación de personas nas dependencias municipais, RECOMENDAMOS que antes de acudir á casa consistorial, intenten realizar as súas xestións administrativas por sede electrónica.

En caso de non contar con esa posibilidade, agradeceremos que se informen telefónicamente no 986 362 125 da posibilidade de resolver as súas xestións sen necesidade de acudir ás oficinas.

Sen perxuicio do anterior, en calquera momento, e según vaia evolucionando a situación, se adoptarán as medidas necesarias de contención que vaian recomendando as autoridades sanitarias.