O Albergue da Estrela convoca un dobre evento para este sábado 4 de febreiro

Cita coa cultura esta fin de semana en Viladesuso, cun dobre evento convocado polo Albergue da Estrela para o sábado pola tarde. Cristina Salgado, veciña do concello de Oia, presentará o seu novo libro, que xa está á venda baixo o suxestivo título Manual para amaestrar dragones. O acto terá lugar o sábado 4 de febreiro ás 20.30 horas e, posteriormente, haberá un evento de literatura erótica a cargo de Queco Fresco e Anya Rit.

Manual para amaestrar dragones é unha historia de vida, a biografía dunha persoa común posta en relación coa dinámica de forzas do contexto social e económico no que lle tocou vivir, á xeración da que forma parte. Tamén inclúe unha serie de propostas que poden ser levadas á práctica por quen así o desexe, co obxectivo de sumar entre todo o mundo e, dese xeito, acadar cambios do paradigma que promovan e coiden o futuro da vida que nos une.

Trátase dunha autoedición sen ánimo de lucro e os beneficios que xere polas vendas serán redistribuídos para financiar diversos proxectos sociais cos que a autora colabora.

Cristina Salgado Varela é graduada en Traballo Social, experta en Modelo Sistémico e Servizos Xerontolóxicos pola Universidade Complutense. Tamén conta con formación como mediadora intercultural.

Pin It on Pinterest

Share This