O Concello de Oia contratará 8 persoas desempregadas ao abeiro do plan de emprego provincial

O Concello de Oia contratará a un total de 8 persoas desempregadas ao abeiro da liña de emprego do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra. 

En concreto, ofértase unha praza de condutor/operador de maquinaria forestal (10 meses), un operario de recollida de lixo (5 meses), dous albaneis/oficiais de primeira (9 meses) e catro peóns forestais (9 meses).

 

PRAZAS PERFIL/OCUPACIÓN PERÍODO CONTRATACIÓN
1 Condutor/Operador de maquinaria forestal (CNO. 83221013)

 

10 meses (de 1 marzo a 31 decembro)
1 Mozo/a recollida lixo (CNO. 94411010)

 

5 meses (de 1 de xuño a 31 de outubro)
2 Albaneis-Oficiais de 1ª (CNO. 71211015)

 

9 meses (de 1 de marzo a 30 de novembro)
4 Peón Forestal (CNO. 65431028)

 

9 meses (de 1 de marzo a 30 de novembro)

Os contratos serán a xornada completa. Poderán optar a eles as persoas desempregadas inscritas na Oficina de Emprego de Baiona, a cal se encargará da preselección das beneficiarias.