O Concello de Oia decreta dous días de loito oficial

O Concello de Oia decretou dous días de loito oficial, dispoñendo que as bandeiras ondeen a media asta, polo falecemento de Santiago Pombal, veciño de Viladesuso, como consecuencia dun fatal accidente de tráfico que tivo lugar no día de hoxe 23 de maio de 2020.

Dende o Concello trasladan as súas condolencias e solidaridade aos familiares e amigos.