O Concello de Oia edita o libro “Os Bolechas van a Oia”

O Concello de Oia en colaboración co ilustrador Pepe Carreiro, editou o primeiro libro infantil dos Bolechas sobre Oia. Con este primeiro exemplar titulado “Os Bolechas van a Oia”, o Concello pretende fomentar a lectura e dar a coñecer aos máis pequenos o patrimonio artístico, paisaxístico, etnográfico e cultural do municipio, a través das aventuras dos Bolechas, que acaban percorrendo tódalas parroquias.

O Concello agasallou aos nenos que acudiron a cabalgata de reis cun exemplar, e tamén fixo chegar varios exemplares aos colexios e bibliotecas para que a ningún neno/a do concello lle falte.

O Concello contou coa aportación da Deputación de Pontevedra.