O Concello de Oia oferta un curso de baile galego como actividade extraescolar gratuíta

O Concello de Oia organiza un curso gratuíto de baile galego como actividade extraescolar durante o presente ano académico. As clases comezarán o próximo 9 de outubro e van dirixidas a nenos e nenas entre 4 e 12 anos.

O curso desenvolveranse no CEIP Refoxos os mércores de outubro a xuño de 16.15 a 17.15 horas. As prazas son limitadas e cómpre inscribirse previamente.

As inscricións deberán facerse no rexistro do Concello ata o 4 de outubro. As persoas interesadas poderán informarse nos números de teléfono do Concello 986.36.21.25 e 639.32.94.93.

Pin It on Pinterest

Share This