O Concello de Oia organiza a “I XORNADA ASTRONOMÍA-ARQUEOLOXÍA”, o vindeiro xoves 11 de agosto, con motivo das “Perseidas”

O Concello de Oia é unha das mellores opción na Provincia de Pontevedra para desfrutar das Perseidas, xa que conta con zonas como o “Curro da Valga”, con inmellorable acceso, onde a contaminación lumínica é practicamente inexistente.

Ás 11 da mañá, se iniciará a I Xornada Astronómica – Arqueolóxica, cun taller de pintura para nenos na Casa Cultural de Pedornes; continúa ás 23.30 horas cunha visita guiada aos Petroglifos de “A Pedreira” por parte da asociación “Costa dos Castros”; e posteriormente, ás 00.30 horas, nos dirixiremos ao “Curro da Valga” para a observación das Perseidas, que será dirixida polo Astrónomo Francisco Novoa, Presidente da “Agrupación Astronómica Rías Baixas”.

Todas son actividades gratuítas e para tódolos públicos, e será necesario inscribirse previamente. Recomendamos que se leve roupa de abrigo e calzado apropiado, sen esquecerse dunha manta, esterilla ou silla para contemplar o ceo, así como de lanterna e prismáticos, se se dispón deles.

As persoas interesadas, previamente inscritas, deberán acudir ao Mosteiro de Oia ás 23 horas para organizar a saída.