O Concello de Oia reparte trampas para combater a vespa velutina

O Concello de Oia repartiu 90 trampas e atraíntes durante o mes de abril, entre apicultores das distintas parroquias, para loitar contra a vespa velutina.

O reparto se fixo nestas datas xa que é na primavera cando as novas raíñas da vespa velutina comezan a formar os seus niños primarios, polo que é un dos períodos máis importantes a ter en conta para o control da especie.

Dende o Concello de Oia se pide a colaboración da veciñanza para que revisen galpóns, garaxes, soportais, aleiros de tellados, etc., que son lugares habituais onde medran os niños primarios da vespa velutina. Estes niños son de cor marrón pardo, dunhas dimensións de 6 cm de alto e 4 cm de ancho, e se forman entre os meses de marzo e xuño.

Dende a Concellería de Medioambiente se recorda que para proceder a súa retirada é preciso que avisen no teléfono do Concello 986 36 21 25.

O Concello de Oia xa organizou no mes de marzo unha charla sobre a vespa velutina coa colaboración da Asociación Galega de Apicultores, Delegación Rías Baixas, onde se explicou a vida e comportamento desta especie invasora, como crear trampas caseiras efectivas,…