O Concello de Oia se suma a loita contra a vespa velutina

O Concello de Oia, consciente de que esta praga só se pode combater sumando esforzos, se incorporou aos concellos colaboradores coa Xunta de Galicia, de maneira que, segundo o plan de control, unha vez que se confirma a presenza dun niño no concello de Oia, se avisa ao persoal responsable do concello, quen se encarga de coordinar a actuación.

Para levar a cabo esta tarefa, o Concello conta con voluntarios, e se dotou dunha pértega para poder chegar a niños que se atopan entre 25 e 30 metros de altura. Así mesmo, dispón de dous traxes especiais cedidos pola Xunta para acometer esta labor.