O Concello de Oia suspende a recollida de voluminosos ata novo aviso

O Concello de Oia suspende a recollida de voluminosos ata novo aviso

Recórdase que o Concello presta o servizo de recollida de voluminosos porta a porta, previa comunicación por parte do particular ao Concello, vía telefónica no 986 362 125 ou a través da APP de móbil Liña Verde.

Se pide a colaboración da cidadanía, e se recorda que está TOTALMENTE PROHIBIDO DEPOSITAR VOLUMINOSOS a carón dos contedores sen seguir o procedemento establecido.

En canto a recollida de residuos domésticos, mantense a mesma frecuencia de recollida. Recoméndase aos veciños que extremen as precaucións á hora de botar o lixo aos contedores para evitar posibles contaxios.

Dada a importancia de reducir ao máximo os residuos que chegan as plantas de tratamento, recoméndase reducir ao máximo a xeración de residuos, e optimizar e separar adecuadamente os mesmos: papel/cartón, vidro, envases, e orgánica.

Tamén, é necesario recordar que os guantes de látex ou nitrilo empregados para facer as compras ou outros usos non son envases, e polo tanto non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo).

No caso de que haxa un afectado polo COVID-19, é necesario contactar co Concello de Oia no teléfono 986 362 125, dado que existe un Protocolo a seguir nestes casos.