O “Festivaliño On The Road” fai a súa parada en Oia

O cine itinerante máis pequeno do mundo, visitará este martes e mércores o noso Concello, máis en concreto, fará unha parada o martes 22 de outubro ás 10.00 h no CEIP Refoxos, e o mércores 23 de outubro, tamén as 10.00 h no CEIP Mestre Manuel García.

“Festivaliño On The Road” é un pequeno gran festival, un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante, que ven de facer ruta por toda Galicia, achegando o cine e as curtametraxes a máis de mil persoas.

Acompañan a caravana con obradoiros, música, rodaxes, e moitas sorpresas … é un evento solidario onde os nenos e nenas axudan a outros pequenos e pequenas a través dunha pulseira solidaria.

Curtametraxes

Amosarán unha gran cantidade de curtametraxes, onde destacan Cazatalentos (de Almería, que foi gañadora dun Goya), e otras curtas internacionais coma “Ian, unha historia que nos movilizará” (Arxentina), ou “Le Petite Condonnier” (Francia). Se queres, podes velas na páxina web da caravana: http://festivalino.mrmisto.es/pelis-a-concurso/

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto “O teu Xacobeo”, en preparación do Xacobeo 2021.