Obradoiro de creación de xoguetes tradicionais no Nadal

O Concello de Oia vén de abrir a inscrición para un obradoiro de creación de xoguetes tradicionais no Nadal, que se celebrará dentro da Semana Cultural que desenvolve a Asociación Veciñal de Mougás, dirixido a persoas de entre 6 e 99 anos, trátase dun obradoiro interxeracional no que poden participar membros da familia de distintas idades.

A actividade está organizada polo Concello de Oia dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

As sesións se desenvolverán no Centro Cultural de Mougás os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no rexistro do Concello. O prazo remata o próximo 30 de novembro.

Pin It on Pinterest

Share This