Obradoiro infantil de cociña de Nadal o día 30 en Viladesuso

A actividade é gratuíta e poderán participar nela nenos e nenas a partir dos 7 anos

O Concello de Oia organiza, coa colaboración da Asociación de Veciños de Viladesuso, un obradoiro de cociña de Nadal dirixido ao público infantil. A actividade desenvolverase o próximo día 30 e o prazo de inscrición está aberto ata este venres.

O obradoiro é gratuíto e vai dirixido a nenos e nenas a partir dos 7 anos. Terá lugar o luns 30 de decembro no Centro Cultural de Viladesuso en horario de maña, entre as 10.00 e as 13.00 horas.

As persoas interesadas poderán realizar as inscricións no Concello de Oia ata o próximo venres día 27.