Oia acolle un campus multideporte do 15 ao 26 de xullo

O Oiense CF, coa colaboración do Concello de Oia, organiza o próximo mes de xullo un Campus Multideporte dirixido nenos e nenas de entre 5 e 15 anos. As actividades serán desenvolvidas por monitores titulados e incluirán disciplinas deportivas como tenis, fútbol, baloncesto, balonmán e natación.

O campus desenvolverase entre o 15 e o 26 de xullo. As sesións serán de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas (de 9.00 a 9.30 horas efectuarase a recepción dos nenos e nenas).

O prezo total das actividades é de 65 euros por neno, con descontos de 5 euros para os irmáns. Este importe inclúe o equipamento (camiseta e pantalón) e unha merenda saudable diaria. 

O prazo de inscrición permanece aberto ata o 30 de xuño. As solicitudes poden facerse no Concello e no número de teléfono 639.32.94.93.

Pin It on Pinterest

Share This