¿Non queres deixar a túa mascota na casa nas túas próximas vacacións? Se che gusta viaxar co teu can, en Oia atoparás plans para facer turismo coa túa mascota: camiñar pola natureza, pasear preto do mar ou mesmo facer paddlesurf con el!

Aquí tes unha selección de plans imprescindibles para descubrir Oia co teu can:

  • Ruta Máxica de Oia.
  • Empaparte de historia no Mosteiro de Santa María de Oia e o Arrabal.
  • Viaxar ao pasado entre castros e gravados rupestres.
  • Bañarte en pozas de augas frescas y cristalinas.
  • Perderte por un bosque de sobreiras pegado ao Atlántico.
  • Gozar da paisaxe de montaña das serras da Groba e o Argallo.
  • Contemplar as illas Cíes desde Cabo Silleiro.
  • Coñecer como se celebran os curros da Valga, Torroña e Mougás.
  • Sentirte como un peregrino no Camiño Portugués da Costa.
  • Contemplar un dos mellores solpores da costa Atlántica europea.
  • Saborear a gastronomía local.

Pin It on Pinterest