Oia dispón nun novo desfibrilador, colocado na Casa do Concello

É o segundo instalado no municipio, que xa contaba con un dispositivo destas características no campo de fútbol

Oia conta xa cun novo desfibrilador, destinado a previr e tratar episodios de parada cardiorrespiratoria. O novo dispositivo electrónico, o segundo que existe no municipio, está colocado na propia casa consistorial.

Este desfibrilador foi adquirido grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, que subvencionou un 59,6% do custo (1.351,35 euros), aportando o Concello o 40,04% restante (915,84 euros).

O novo aparato, que foi colocado hai varias semanas no edificio do Concello, é o segundo instalado en Oia. O municipio xa dispuña dun dispositivo destas características no campo de fútbol municipal a fin de mellorar a seguridade na práctica deportiva.