Se estás pensando nunha escapada en parella a Oia, ou mesmo en celebrar algún acontecemento especial, atoparás lugares con encanto onde saborear o mellor da gastronomía local (especialmente peixe e marisco) e bos viños das Rías Baixas.

Pero se o que buscas é o relax podes aproveitar a túa estancia en Oia para gozar dos beneficios da talasoterapia mentres e contemplar fermosas vistas ao Atlántico.

Pola contra, se prefires un pouco de aventura, podes explorar a Ruta Máxica de Oia, unha senda lineal de 18 km de lonxitude que, paralela á costa, conecta elementos de interese arqueolóxico, paisaxístico e natural. Descubre lugares con encanto como as pozas de Mougás, o castro da Cabeciña, os petróglifos da Pedreira ou o bosque das Sobreiras do Faro!

Aquí tes unha selección de plans imprescindibles para descubrir Oia en parella:

  • Empaparte de historia no Mosteiro de Santa María de Oia e o Arrabal.
  • Viaxar ao pasado entre castros e gravados rupestres.
  • Bañarte en pozas de augas frescas e cristalinas.
  • Perderte por un bosque de sobreiras pegado ao Atlántico.
  • Gozar da paisaxe de montaña das serras da Groba e o Argallo.
  • Contemplar as illas Cíes desde Cabo Silleiro.
  • Coñecer como se celebran os curros da Valga, Torroña e Mougás.
  • Contemplar un dos mellores solpores da costa Atlántica europea.
  • Saborear a gastronomía local.

Pin It on Pinterest