Oia geolocalízase na Mancomunidade do Baixo Miño

Os visitantes contan dende onte cunha potente ferramenta que lles permitirá chegar aos puntos de interese turístico seguindo as indicacións no seu teléfono ou tableta.

A Mancomunidade do Baixo Miño, puxo en marcha nos últimos días unha ferramenta turística “online” orientada as persoas que elixen a comarca e o Concello de Oia para pasar uns días de descanso e vacacións.

A iniciativa mostra información de forma interactiva, xa que conta nesta versión co geoposicionamento con tecnoloxía GPS de máis de 150 puntos de interese da comarca, entre os que se encontra o Concello de Oia.

Se poderá acceder a través de Códigos QR ou a través da páxina web http://baixomino.com/oia/.

O protagonismo das novas tecnoloxías está en alza, e cada vez son máis os dipositivos persoais que levan cada persoa no seu día a día. Os visitantes poderán descubrir os rincons máis interesantes do Concello de Oia.