Oia implica os máis cativos cuns talleres sobre Violencia de Xénero

Oia organizou no CEIP Mestre Manuel García e nas parroquias de Loureza e Burgueira, un curso de 15h. para os alumnos de Primaria, có obxectivo de sensibilizar os máis cativos da importancia da igualdade de xénero a nivel social e persoal, ademais de aprender a ser críticos, detectar e diferenciar as situación nas que está presente a violencia de xénero.

Hoxe celebrouse a clausura do curso no CEIP Mestre Manuel García, coa entrega dos premios de relatos e debuxos, cuns resultados moi satisfactorios, onde os nenos participaron con moito interese.

Pin It on Pinterest

Share This