ORAL INFORMA: Cargo en conta do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI 2019)

O vindeiro día 3 de outubro cargarase o recibo do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI 2019) na conta na que vostede o ten domiciliado.

Para máis información ou para actualizar ou confirmar os seus datos pode dirixirse á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal) ou ao Centro de Atención Telefónica do ORAL (CAT ORAL) da Deputación de Pontevedra, a través do teléfono 886 211 400 ou do correo electrónico informacion.oral@depo.es

Pode realizar o cambio de domiciliación para futuras cobranzas a través da Oficina Virtual Tributaria (www.ovt.depo.gal), na súa entidade bancaria, nas oficinas do ORAL ou ben remitir por correo postal a solicitude de domiciliación cunha fotocopia do NIF/NIE e, de ser o caso, a documentación acreditativa de representación.

Ademais se vostede está interesado en deixar de recibir notificacións en papel pode subscribirse ás notificacións electrónicas na oficina virtual do ORAL (https://ovt.depo.gal).