Oia é un pequeno municipio da costa sur de Galicia, na provincia de Pontevedra, onde se pode gozar da tranquilidade do rural e o calor das súas xentes. Situado na comarca do Baixo Miño, este municipio limita cos de Baiona e O Rosal e tamén está moi próximo á A Guarda (a uns 15 minutos en coche).

En coche, atópase a uns 45 minutos de Vigo e a aproximadamente hora e media de Santiago de Compostela.

Para chegar a Oia en autobús cómpre coller a liña da empresa Atsa (http://www.automovilesdetuy.es ) que conecta A Guarda e Vigo por Baiona.

Durmir en Oia

Oia conta cunha gran oferta composta por máis dun milleiro de prazas repartidas en distintos tipos aloxamentos: albergues, campings, casas rurais, pensións, apartamentos e hoteis de dúas, tres e catro estrelas.

Consulta aquí o listado de hoteis e outros aloxamentos en Oia.

Comer en Oia

En canto a locais de restauración, existen posibilidades para todos os gustos e presupostos. Atoparás restaurantes onde comer menús ou á carta, pero tamén establecementos onde comer unhas tapas, bocadillos ou pratos combinados.

Na oferta gastronómica de Oia atoparás sempre produto local de primeira calidade: desde peixe e marisco ata as máis variadas carnes, que poderás acompañar cun viño da DO Rías Baixas.

Consulta aquí o listado de restaurantes en Oia

Pin It on Pinterest