Os Reis Magos percorren Oia para visitar aos nenos e nenas na tradicional cabalgata

Os Reis Magos chegarán a Oia durante toda a xornada do domingo día 5 e percorrerán as distintas parroquias do municipio na tradicional cabalgata. As súas maxestades de Oriente irán facendo paradas no seu camiño para visitar ás nenas e nenos e constatar o ben que se teñen portado no último ano.

A comitiva real fará a súa ruta levando festa, ledicia e ilusión por cada recuncho do concello. O percorrido e horarios serán os seguintes:

  • Pola mañá:
    • A Portela (11.00h), Mavia (11.30h), Acevedo (12.00h), Loureza (12.30h), Burgueira (13.00h), Torroña (13.30h).
  • Pola tarde:
    • Viladesuso (15.00h),  Pedornes (15.30h), baixada ao Mosteiro de Oia coa Rondalla de Mougás (16.00h) e panxoliñas na Igrexa de Sta. María de Oia (16.15h).

A recepción aos Reis Magos celebrarase no CEIP Mestre Manuel García (17.30h), onde tamén se fará a entrega de premios aos gañadores do concurso escolar de debuxo “Un Nadal feliz en Oia”

Desde alí o percorrido continuará ata chegar á Casa Cultural de Mougás (19.15h), onde terá lugar o fin de festa.