Pensión non contributiva de invalidez

A pensión por invalidez non contributiva consiste nunha prestación económica individualizada, de carácter periódico, para maiores de 18 anos e menores de 65 que teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e non teñen recursos económicos suficientes

Requisitos

  • Ser menor de 65 anos e residir en territorio español (mínimo 5 anos, dous deles consecutivos e inmediatamente anteriores á data de solicitude) e estar dado de alta na seguridade social
  • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ó 65%
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes: existe carencia, cando as rendas ou ingresos de que se dispoña, en cómputo anual para o 2020, sexan inferiores a 5.538,40 euros anuais (esta cuantía varía en función da unidade de convivencia)

Canto se cobra

395,60 euros máximo e 98,90 euros mínima. Esta cuantía varía se se acredita necesidade doutra persoa para realizar actividades diarias (593,40 euros) e/ou se dentro da mesma familia máis persoas teñen dereito a unha pensión non contributiva de invalidez

Máis información

https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/inclusion-social/axudas-e-prestacions/pensions-non-contributivas-pnc

Pin It on Pinterest

Share This