Pensión non contributiva de xubilación

A pensión por xubilación non contributiva consiste nunha prestación económica individualizada, de carácter periódico, para maiores de 65 anos que non poidan acollerse ao sistema contributivo de pensións e que non teñen recursos económicos suficientes

Requisitos

  • Ter 65 anos ou máis, residir en territorio español (mínimo dez anos no período que media entre a data do cumprimento dos dezaseis anos e a do devengo da pensión, dos cales dous serán consecutivos e inmediatamente anteriores á data de solicitude)
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes: existe carencia, cando as rendas ou ingresos de que se dispoña, en cómputo anual para o 2020, sexan inferiores a 5.538,40 euros anuais(esta cuantía varía en función da unidade de convivencia)

Canto se cobra

395,60 euros máximo e 98,90 euros mínima. Esta cuantía varía se dentro da mesma familia máis persoas teñen dereito a unha pensión non contributiva

Máis información

https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/inclusion-social/axudas-e-prestacions/pensions-non-contributivas-pnc