O Pleno é o máximo órgano representativo do Concello. Está integrado polo Alcalde e os Concelleiros de tódolos grupos políticos. As sesións se celebran o último xoves de cada mes, e pode acudir todo aquel que o desexe.

As súas competencias veñen recollidas no Art. 22 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, entre as que se encontran o control e a fiscalización dos órganos de goberno, así como a aprobación do regulamento orgánico e das ordenanzas, e demais disposicións xerais de competencia municipal: A aprobación dos orzamentos municipais; a aprobación da Regulación de postos de traballo (RPT); a designación de representantes do Concello noutras institucións; etc.