Prestación especial por ERTE como consecuencia da crisis do COVID19

A prestación por desemprego percíbese tras a perda involuntaria, definitiva ou temporal dun emprego, ou tras a redución da xornada diaria de traballo, acordadas no correspondente procedemento

Inclúe a cotización á Seguridade Social que, nos supostos de despedimento colectivo, farase por xubilación, incapacidade temporal, incapacidade permanente, morte e supervivencia, asistencia sanitaria, maternidade, paternidade e coidado de menores que padezan cancro ou outra enfermidade grave. Nos casos de suspensión ou redución de xornada, a cotización á Seguridade Social farase por todas as continxencias.

Requisitos

  • Traballadores e traballadoras afectados por suspensión parcial ou total da súa actividade.
  • Non se esixe un período mínimo de cotizacións previas.
  • A tramitación lévase a cabo directamente polas empresas,o traballador non ten que realizar ningún trámite.

Canto se cobra

O 70% da base reguladora do contrato.

Duración

Ata que remate o período de suspensión do contrato de traballo ou reducción temporal da xornada.

Esta prestación non consume cotizacións acumuladas (“non consume paro”).

Máis información

https://www.sepe.es/HomeSepe/Personas/distributiva-prestaciones/quiero-cobrar-el-paro/afectadoERE.html

Pin It on Pinterest

Share This