Prevención de incendios forestais

O 31 de maio remataba o prazo para realizar os traballos de limpeza e corta de arboredo naquelas parcelas que incumprisen co disposto na Lei de incendios e nas súas posteriores modificacións.

A partir deste momento e tendo en conta, ademais, que o Concello de Oia é un municipio considerado zona de alto risco de incendio, as persoas que incumpran coa normativa vixente en materia de prevención de incendios expóñense ás correspondentes sancións.

A maiores disto, a Administración poderá repercutirlle os gastos de extinción no caso de incendio forestal. Por iso rogámoslles a todas as persoas propietarias que aínda non cumpriron con estas obrigas que o fagan coa maior brevidade posible. Así mesmo, agradecémoslles a todas as persoas que xa cumpriron con elas o esforzo realizado para adaptarse á normativa.

Para calquera dúbida ou aclaración sobre as distancias, se poden poñer en contacto co Concello no teléfono 986 362 125.

Pin It on Pinterest

Share This