Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación e formación de persoas asalariadas

A finalidade deste programa da Xunta de Galicia é incentivar a contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia

Beneficiarios

  • Bono de contratación:
  1. Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
  2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

 

Contías: As contías da subvención oscilan entre os 4.000 e os 14.625 euros, cando se trate de primeira contratación e dependendo do colectivo que se contrate e 6.500 e 20.250 euros para segunda e terceira persoa traballadora indefinida.

  • Bono de formación
  1. Axudas para a formación das persoas traballadoras contratadas a través do bono de contratación. Os cursos serán de mínimo 75 horas.
  2. Axuda de ata 4.000 euros por cada persoa traballadora contratada.

 

Prazo

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación da orde deberán presentarse ata 3 de abril.

Para as contratacións realizadas a partir do 3 de febreiro, ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2020.

Máis información

DOG do 3 de febreiro, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349F