Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE)

Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes

Se tes unha vivenda ou vives nun edificio construído con anterioridade á no 2007 e precisas facer reformas, esta axuda pode ser do teu interese.

Hai tres tipoloxías de axuda:

  • Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (actuacións sobre a fachada, cubertas, carpintería exterior, vidrios, etc..)
  • Mellora da eficiencia enerxéticas e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

Dende o enlace podes obter máis información e incluso calcular a porcentaxe de axudas que poderías obter.

prazo de solicitude comeza en xaneiro, o día 2 e remata o 31 de xullo.

Atención porque as axudas concédense ata o remate dos créditos orzamentados

Pin It on Pinterest

Share This