Programa EMEGA: Fomento do emprendemento feminino

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, convoca estas axudas para o fomento do EMPRENDEMENTO FEMININO, a través de varias liñas de actuación.

Beneficiarias: Empresas privadas formadas por MULLERES que cumpran os requisitos establecidos para cada unha das liñas de axuda e con domicilio social en Galicia

LIÑAS DE ACTUACIÓN

  • Liña EMPRENDE: Promoción da posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego estable. Poderán optar aquelas mulleres que creen ou crearan o seu posto de traballo (entre o 1/08/2018 e o 5/08/2019) partindo dunha situación de desemprego (mínimo 1 mes)
    • Axudas: dende 8.000 euros pola creación do posto de traballo da promotora ata 20.000 euros dependendo do posto de traballo creado
  • Liña INNOVA: Axudas para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres. Dirixido a empresas de entre 2 e 5 anos de funcionamento, que presenten un proxecto de mellora (realizado entre 1/08/2018 e o 5/08/2019) que supoña, polo menos, a creación dun posto de traballo para unha muller (con título medio ou superior.
    • Axudas: Dende 12.000 a 20.000 euros dependendo dos postos de traballo creados.
  • Liña ACTIVA: ademais de outros requisitos, proxecten a reactivación da súa actividade económica para o mantemento do emprego
    • Axudas: Dende 6.000 a 15.000 euros dependendo dos postos de traballo mantidos
  • Liña ITEF: Axudas a empresas de nova creación que respondan a un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía. Inicio da actividade entre o 1/08/2018 e o 5/08/2019
    • Axudas: entre 16.000 e 40.000 euros dependendo do número de postos de traballo creados
  • Liña CONCILIA: Axuda complementaria á conciliación, para promotoras e traballadoras da empresa
    • Axudas: Entre 3.000 e 5.000 euros, dependendo da modalidade

 

Prazo de solicitude: ata o 5 de agosto

Máis información: DOG 5/07/2019

Pin It on Pinterest

Share This