Pura, a avoa máis lonxeva de Oia, cumpre 102 anos

Purificación Granja Valverde, de Santa María de Oia, celebrou o seu 102 aniversario rodeada da súa familia. Recibiu a visista da Alcaldesa, Cristina Correa, acompañada da Concelleira Carmen María, que, en nome de tódolos veciñ@s do Concello, lle fixeron entrega dun ramo de flores.

Pura nos agasallou co seu sorriso tan entrañable, e nos recordou que segue sendo unha gran afeccionada do programa de Piñeiro “Sesión Vermú” e de Marcial, da Radio Galega, quen xa a entrevistou en varias ocasións.

Tamén nos revelou que o gran segredo para estar tan guapa é botar tódalas mañás aceite de almendras. E en canto ten oportunidade, se pon a ganchillar para os seus netos e bisnetos!

Pin It on Pinterest

Share This