Recoñecemento da competencia profesional

Ábrese a convocatoria para as seguintes profesións: atención sociosanitaria, socorrismo, vixilancia e extinción de incendios, vixilancia e seguridade privada

Tes experiencia pero careces da titulación esixida para exercer profesións como atención sociosanitaria, socorrismo, vixilancia e extinción de incendios ou vixilancia e seguridade privada?

 A Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Formación e Colocación) vén de abrir a convocatoria para o recoñecemento da competencia profesional en varios ámbitos. Se cumpres os requisitos indicados poderás obter a correspondente titulación.

A continuación deixámosche un resumo das cualificacións, principais requisitos esixidos e prazos do procedemento.

CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS QUE SE CONVOCAN

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2):150 prazas.
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA 595_2): 150 prazas.
  • Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas (só para persoas en lista de espera, non se admiten novas solicitudes).

REQUISITOS DE ACCESO

– Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.

– Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias que se queren acreditar.

  • No caso de persoas con experiencia laboral:

-Para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3 deberase xustificar polo menos 3 anos cun mínimo de 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos antes de que se realice a convocatoria.

  • No caso de formación:

-Deberanse xustificar 300 horas realizadas nos últimos 10 anos antes de que se realice a convocatoria.

– Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial nin realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.

– Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita nin estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN NO PROCEDEMENTO

Ata o 11 de febreiro.

MÁIS INFORMACIÓN

Ligazón da sede electrónica da Xunta ao procedemento: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR305A&ano=2021&numpub=1&lang=gl

Pin It on Pinterest

Share This