Recopilatorio de fotos antigas da Festa dos Reis

Dende o Concello queremos organizar unha Exposición de fotografías desta tradición, que se ven celebrando dende fai máis de cen anos nalgunhas parroquias.

Para iso necesitamos que busquedes cada un nas vosas casas, entre as fotos antigas, aquelas que teñan que ver con esta entrañable festa.

O prazo para presentar as fotografías termina o 1 de xuño.