Reunión técnica sobre o proxecto de mellora no Camiño de Lourido (Mougás)

Mércores 20 de marzo ás 19.30 horas na Casa Cultural de Mougás

O Concello de Oia convoca unha reunión técnica informativa para informar á veciñanza sobre o proxecto de ensanche e mellora do Camiño de Lourido (Mougás). A xuntanza celebrarase o mércores 20 de marzo ás 19.30 horas na Casa Cultural de Mougás.

No encontro informarase sobre o proxecto e as afeccións a fincas particulares. As persoas propietarias tamén poderán preguntar dúbidas relativas á cesión de terreos así como outras cuestións técnicas.

O Concello de Oia agradece a asistencia da veciñanza.