1. Ermida de San Sebastián:
Se atopa ao final do barrio do Arrabal, máis alá das casas do núcleo. Orixinalmente a ermida estaba adicada a San Antón. Hacia 1770 se reedifica. Dende entón alberga a imaxen de San Sebastián, antes situada na antiga ermida do barrio da Portela (Burgueira).
2. O Arrabal:
Barrio situado ao amparo do Mosteiro, onde se sitúa a Praza de Centinela, mirador ideal sobre o porto e o Mosteiro e un dos núcleos máis atractivos do concello.
Nesta plaza da Centinela se atopa un interesante cruceiro (o da Centinela), que data do ano 1764 e que se distingue, ademáis de pola súa antigüedade, pola súa exquisita talla.
Tamén, ao principio da rúa, se identifica pola súa placa a primitiva Casa ddo Concello.
3. O Mosteiro:
Emblema por excelencia do Concello de Oia, se remonta a súa fundación ao ano 1137, baixo a tutela de Alfonso VII de Castela. Foi rexido por 140 abades, dende o ano 1137 hasta 1835.
O coro e a sacristía están datados no século XVII e o claustro se rematou no último tercio do ano 1500.
A fachada se reconstruiu no ano 1740.
Coa Lei de desamortización de Mendizábal en 1835 finalizou a historia do Mosteiro como tal, despois de case 700 anos: aa iglesia pasou a ser iglesia parroquial en 1838, trala separación de Oia da parroquia matriz de Pedornes.
En 1912 foi ocupado polos xesuitas expulsados de Portugal, que permaneceron hasta o ano 1932, cando coa República estos bens foron nacionalizados.
Na actualidade, e tras pasar por diversos propietarios, se atopa en mans privadas.
4. A Casa da Culpa:
Se atopa na parroquia de Pedornes. Conta a lenda que nesta casa os veciños "pechaban" aos culpables de pequenos hurtos, roubos,...
A iglesia parroquial tiña na escalinata unhas cadeas: se os culpables fuxían e conseguían pasar estas cadeas eran perdoados e se non ian para a casa da Culpa.
5. Estrada Vella:
É a estrada que une o Mosteiro coa Punta Orelluda e permite un bonito paseo entre cultivos e con posibilidade de disfrutar de pequenas calas da costa.
6. Porto de Mougás:
Na parroquia de Mougás destaca o seu porto que permite ver unha fermosa zona de rocas e unha bonita zona mariña, sendo tamén un punto importante para os surfeiros.
7. Punta Centinela:
Se atopa a 3 km. antes de Cabo Silleiro: se coñece pola súa beleza e o seu nome ven dado polas labores de vixilancia que se facían dende a costa.
8. Faro de Cabo Silleiro:
Dende a estrada pode observarse a beleza deste fermoso faro que funciona dende 1924, ano en que sustituiu o anterior de 1862 do que ainda se conserva a estructura do seu antigo edificio.