Se recorda a obriga de manter as fincas limpas

O Concello recorda a obriga de manter as fincas limpas de maleza e arboreda, dentro das franxas de seguridade contra os incendios forestais establecidas na Lei, baixo a ameaza das sancións económicas que pode impoñer a Consellería de Medio Rural, para o caso de incumprimento.

Os que non cumpriron ata a data, deben levar a cabo as xestións necesarias para obter os permisos, no seu caso, e acometer o traballo canto antes.

A finalidade é que todos/as cumpran coas súas obrigas, evitando traxedias como a perda de vivendas, ou incluso vidas, que poidan producirse no caso dun incendio.

Así, se recorda que a 50 metros das zonas de núcleo rural ou vivendas, ten que estar desbrozado e non pode haber especies pirófitas como o pino, o eucalipto, acacias, etc; e a 10 metros dos camiños tampouco.

As multas varían de 100 a 1000 € en caso de infraccións leves, de 1001 a 10.000 en caso de graves e de 10.001 a 1.000.000 euros en caso de moi graves.

Pin It on Pinterest

Share This