Segue a loita contra a vespa velutina

TODOS PODEMOS COLABORAR CUNHA TRAMPA

A colocación de trampas para a captura de raíñas en primavera é fundamental, xa que cada reina “fundadora” capturada significará que hai un niño menos no entorno.

As novas raíñas nacidas no outono anterior, emerxen do período de hibernación a finais de febreiro-inicios de marzo, e comezará a construír o niño para a continuación realizar a primeira posta de ovos. A finais de maio-primeiros días de xuño, nacen as primeiras avespas obreiras, ocupándose estas desde este momento de realizar todas as labores precisas para o desenvolvemento da colonia.

A partir deste momento, as raíñas permanecerán constantemente no interior do niño, ocupándose unicamente da tarefa de poñer ovos.

Por iso, se debe aproveitar este período no que as raíñas se amosan activas no exterior para proceder a súa captura. Cada unha que se capture, evitará que faga un novo niño, que implicaría 20.000 avespas obreiras.

AS TRAMPAS

Se recomendan sinxelas trampas caseiras, fabricadas a partir de botellas de plástico de 1,5 litros.

Se fai un orificio nunha botella de plástico, onde se encaixa a parte de arriba doutra. Se lle engade líquido doce (ex. mestura de cervexa, viño branco, …) e se lle ata un cordel no tapón. A continuación se pode colgar a unha certa altura do chan, en zonas resgardadas do vento, por exemplo nunha rama, en camelias, plantas con flor…, preto de composteiros, preto de niños de anos anteriores, en salgueiros, preto de colmenas, etc. A cantidade de líquido atraínte será de
100-150 ml, e será renovado cada 7 -15 días.

COLABORA DETECTANDO NIÑOS DE VESPA PRIMARIOS

Soen medir 4 cm de ancho por 6 de alto. As raíñas os soen construír en galpóns, garaxes, porches, esquinas de portas, para buscar calor e protección. Soen estar preto de camelias, rododendros ou enredadeiras.

Os niños son de cor marrón pardo, e por cada un que se retire, se evitarán 50 niños secundarios (ata 20.000 velutinas por niño e ano).

Pin It on Pinterest

Share This