Subsidio extraordinario para persoas empregadas de fogar

Subsidio de desempleo excepcional por falta de actividad para las personas integradas en el Sistema Especial para Empleados de Hogar del Régimen General de la seguridad Social

Requisitos

  • Estar ou haber estado de alta no Sistema Especial para Empregados do fogar antes do 14 de marzo (estado alarma) e atoparse nunha das seguintes situacións:
    • Haber deixado de prestar servizos, total ou parcialmente, para reducir o risco de contaxio, por causas alleas á súa vontade, nun ou varios domicilios con motivo do COVID-19.
    • Haber visto extinguido o contrato de traballo por despido ou desestimento do empregador ou empregadora, morte ou calquer outra causa de forza maior imputable ó empregador, sempre que as causas sexan alleas á vontade da persoa traballadora e se deban ó COVID-19.
  • Carecer de ingresos que, sumados ó subsidio, sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional

Canto se cobra

será o resultado de aplicar á base reguladora correspondente á actividade que se deixara de realizar a porcentaxe do 70% . Non poderá ser superior ó salario mínimo interprofesional (950 euros)

Duración

Extenderase dende a data en que se de a situación ata o día en que se cumpla un mes da vixencia da medida, sempre que subsistan os feitos que deron lugar

Máis información

https://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19/subsidio-extraordinario-personas-empleadas-hogar.html